luns

Precioso agasallo!!!

Hai uns días que recibín na casa un precioso e valiosísimo agasallo. É un libro moi especial, unha fantástica colección de máis de trinta debuxos sobre "O agasallo de Anya" que fixeron as nenas e nenos de 5ºA e 5ºB do Colexio San Xosé de Lugo tras ler o libro.

Menudos artistas!!! Estou moi contenta coas ilustracións pero tamén coas súas sinaturas e bonitas palabras da última páxina.

É un recordo precioso que gardarei na estantería dos libros e mais no corazón. GRAZAS!!!


Ningún comentario: