domingo

TERCEIRA EDICIÓN!!!

Menuda alegría!!! 

Hai xa un pouquiño máis dun mes que me chamaron desde Galaxia para dicirme que entraba no prelo a terceira edición desta noveliña...

A verdade é que me produce unha tremenda satisfacción pensar en que xa hai máis de dous mil exemplares de "O agasallo de Anya" repartidos por colexios, institutos, bibliotecas, fogares de outros tantos nenos e nenas galegas...

Contareivos que non se me daban pasado os días ata ter nas miñas mans o paquetiño que me enviaron cuns exemplares da nova edición. Nin que dicir ten que revivín a ilusión de Xiana cando lle chegou aquel paquete que viña de Ucraína. Lembrades?  ;)




Buf... a nova déixame case sen palabras, pero a verdade é que as poucas que me quedan son de fondo agradecemento a todas e todos vós que sodes quen facedes que esta historia siga viva.

GRAZAS, moitas grazas!!!

Ningún comentario: