sábado

IES de Allariz, CEIP Padre Feijoo de Allariz, CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía e IES Cidade de Antioquía de Xinzo.

O pasado luns foi un día verdadeiramente intenso, de actividade e tamén de emocións. Percorrín algo máis de catrocentos quilómetros para participar en catro encontros con alumnas e alumnos de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xinzo quen, previamente, leron e traballaron sobre "O agasallo de Anya" nas súas aulas.

Nos catro centros están a desenvolver un proxecto moi interesante baixo o título de "Falando de Solidariedade" polo que consideraron que lles encaixaba ben a historia de Anya e Xiana. A verdade é que me deu moito gusto falar con elas e eles, estaban moi interesados no tema que trata "O agasallo de Anya" e permitíronme aprender grandes cousas ao seu lado.

Non teño palabras dabondo para relatar e agradecer as experiencias, sensacións e alegrías dese día. O que si teño, grazas a Fernando de Editorial Galaxia, é un lote de fotografías que el fixo en cada un dos colexios e institutos aos que acudimos. Ofrézovolas entón, para que vos fagades unha idea do marabillosa que foi a xornada. Nelas apreciaredes momentos de benvida, de charla, de sinatura de libros... Un día fantástico!!!



 


















GRAZAS!!!

Ningún comentario: