Que emoción!!
O pasado día 22 de abril visitei o CEIP Plurilingüe da Pontenova, os meus veciños e veciñas ;)
A verdade é que xa tiñamos concretada a data desde comezos do mes de setembro, queriamos celebrar xuntos o Día do Libro. E así foi.
Ás 9.30 xa me recibiron no seu cole e alí estiven, na aula de sexto, co alumnado de 4º, 5º e 6º. Nenas e nenos cos que, dentro de nada, compartirei aulas e corredores no Instituto da Pontenova. Será ben agradable atoparnos de novo por alí ;)
Foi moi divertido, paseino de marabilla con eles e tamén coas súas profes.
Como son moi eficientes, axiña contaron o noso encontro no seu blog e ata montaron un vídeo chulísimo!!!
Cópiovolo aquí, co seu permiso, para que disfrutedes del tanto coma min ;)
Ningún comentario:
Publicar un comentario