luns

Nos coles de Lourenzá e Mondoñedo

Contábavos hai uns días que festexara o Día do Libro co alumnado de 4º, 5º e 6º do CEIP de A Pontenova. Pois ese mesmo día, despois de xantar, achegueime tamén ao Colexio Juan Rey de Vilanova de Lourenzá, alí estiven coas nenas e nenos de 5º e 6º gozando dunha tarde fantástica na súa Biblioteca, na casiña de Fabola que é como se chama.

Foi un tempo moi aproveitado no que gocei, unha vez máis, falando con eles sobre Anya, Xiana e a historia delas dúas. Sempre me sorprenden e aprendo un montón coas súas reflexións arredor da lectura. Son xeniais!!!

Así o contan desde o seu cole no blog da Biblioteca. Déixovos o enlace nesta foto:


E un par de días antes, o mércores día 20, visitei outra Biblioteca; outro deses lugares marabillosos cheos de historias que nos fan soñar.
Daquela foi no CEIP Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo. Desprazámonos de novo Xiana e mais eu seguras de que iamos vivir outra tarde espectacular. E así foi!


GRAZAS!!!

Ningún comentario: