mércores

No Espazo Abalar!!!

Desde o pasado día 27 está dispoñible, no repositorio de contidos educativos da páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, un novo recurso chamado "Melloramos a nosa comunicación"  baseado en "O agasallo de Anya".

Trátase dun traballo que desenvolveron as orientadoras educativas María Guerreiro e Pilar García durante unha licenza que lles concedeu a Consellería para este fin. 

Déixovos as palabras coas que elas mesmas lla presentan ao alumnado, comeza así:

MELLORAMOS A NOSA COMUNICACIÓN

O máis importante da lectura é disfrutar dela, se ben é certo que precisamos ter un bo dominio lector para que non se convirta nunha tarefa aburrida e demasiado custosa.
Nas seguintes secuencias de traballo trataremos de propoñerche unha serie de actividades que che axudarán como lector/a e escritor/a. Son cinco secuencias, as catro primeiras manteñen sempre a mesma estrutura, a última, por ser a derradeira, é un chisco máis ampla. Comezaremos en cada unha cunha lectura sobre a que reflexionaremos e despois iremos resolvendo unha serie de actividades e xogos que nos darán pistas e formación para realizarmos a tarefa final (facer unha descrición, un poema, unha entrevista e mesmo un blog!). Terás ademáis un bloque específico de actividades para traballares todos estes aspectos que melloran a lectura e a escritura, como son: a memoria, a atención, a discriminación auditiva e a velocidade lectora.
A túa profesora ou profesor será quen te guíe e oriente naqueles aspectos que podes mellorar. Moito ánimo e ogallá te divirtas con este traballo!!!

Se queredes acceder a este recurso educativo que a min tanto me ilusiona, podedes facelo desde esta imaxe:


A ver se vos parece interesante e bonito, encantaríame que así fose!!!

Ningún comentario: