Foi moi agradable, moito de verdade, compartir un pedaciño da xornada con alumnado de 1º e 2º de ESO do IES de Curtis que viñeron ata A Pontenova con parte das súas profesoras.
Son rapaces e rapazas do Club de Lectura "Fendetestas" e, nin que dicir ten, que me impresionaron moitísimo con todo o traballo que desenvolveron arredor de "O agasallo de Anya". Traían un montón de preguntas preparadas e charlamos durante case unha hora. Moito me prestou!!!
Grazas pola visita, Fendetestas!!! Aquí tedes o voso "segundo instituto", voltade sempre que queirades.
Déixovos unhas fotos do encontro, agardo que vos gusten ;)
Ningún comentario:
Publicar un comentario