Menuda xornada a do venres pasado coas nenas e nenos de 5º do CEIP da Ramallosa no Concello de Teo e ao ladiño mesmo de Compostela!!!
Foi fantástico reunirme con 5ºA, 5ºB e 5ºC e mais coas súas profes para contarlles algunhas cousiñas e escoitar moitas das súas inquedanzas e curiosidades arredor de "O agasallo de Anya".
Chegamos Xiana e mais eu nun día especialmente chuvioso e de temporal, pero foi ver a aquelas nenas e nenos que nos estaban agardando e... saír o sol! Todo se converteu en alegría, espontaneidade, ilusión... Gozamos dun encontro espectacular e regresamos a casa felices e moi, pero que moi agradecidas porque nos convidasen a visitar o seu colexio.
GRAZAS Ali, grazas a todas e todos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario