Despois dun ano de conversas, ideas, feitos... penso que hoxe
mesmo é o día perfecto para anunciarvos o gran traballo que desde entón están
levando a cabo “Teatro Marionetas Trécola” e que está xa a piques de converterse
nunha realidade.
Onte tivo lugar a primeira pre-estrea e o vindeiro
mes, coincidindo co Día das Letras Galegas, estrearase no Museo Provincial de Lugo o
novo espectáculo no que tantas horas leva investidas esta compañía durante o
último ano.
Trátase de “O agasallo de Anya”, unha adaptación dramatúrxica da miña novela infantil que leva o mesmo título.
Trátase de “O agasallo de Anya”, unha adaptación dramatúrxica da miña novela infantil que leva o mesmo título.
Ero e Isa son os grandes artífices deste proxecto, unha maneira moi especial de contar a historia de Xiana e Anya coa axuda de distintas marionetas manipuladas
con diferentes técnicas e elaboradas por eles dun xeito totalmente artesanal.
Ademais deste traballo manual, desenvolveron grandes ideas para adaptar
fielmente a novela a un espectáculo dramatúrxico dirixido a un público familiar.
Como “unha imaxe vale máis ca mil palabras”, deixovos
unha pequena escolma de fotos do proceso de creación da obra, están feitas por eles mesmos e compartidas a través da súa páxina en facebook.
Pola miña parte, só podo amosar o meu máis sincero
agradecemento e admiración cara a estes grandes artistas e mellores persoas,
ademais de animarvos a todas e todos a que acudades a gozar do espectáculo que nos teñen preparado.
Anunciaremos lugares e datas! ;)
Anunciaremos lugares e datas! ;)
GRAZAS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario