O pasado mércores viaxamos Xiana e mais eu ata o Colexio Salesiano "María Auxiliadora" de Vigo.
Foi unha aventura moi bonita que comezou xa desde o momento en que aparcamos na Coruña para subirnos ao tren que nos levaría ata Vigo comodamente e permitíndonos ler, escribir e ata comer durante o traxecto.
No Colexio esperábanos o alumnado de 5ºA e 5ºB xunto co seu mestre de galego, Alberto. Con eles compartimos un par de horas divertidas e enriquecedoras na Biblioteca contando contos, preguntando e respondendo a un montón de dúbidas, curiosidades, inquedanzas...
Antes de rematar, asinei os seus libros sorprendéndome gratamente cos preciosos exlibris que a maioría deles tiñan no seu exemplar de "O agasallo de Anya" ;)
Foi unha tarde moi divertida e gratificante. Grazas por convidarnos ao voso colexio!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario