O domingo 23 de abril celebramos o Día do Libro preestreando "O agasallo de Anya" por parte de Teatro Marionetas Trécola e tendo como anfitrioa á Asociación Cultural "Castiñeiro Milenario" de Begonte. Foi fantástico!
Unha tarde preciosa na que as nenas e nenos que alí se achegaron puideron levar como agasallo un libro que eles mesmos escollían entre as ducias deles que tiñan á súa disposición.
Ademais, a Asociación recolleu libros coa finalidade de ir formando unha Biblioteca para uso da veciñanza do lugar do Castro. Que boa idea!
Eu non quixen deixar pasar a ocasión de aportar un humilde lote de literatura infantil para as nenas e nenos do Castro ;)
E así, nunha marabillosa tarde primaveral e nun lugar precioso, tivo lugar a preestrea de "O agasallo de Anya".
Deixovos unhas fotos da representación e emprázovos para o Día das Letras Galegas no Museo Provincial de Lugo. Nun día tan especial, estrearemos esta singular peza.
E así de orgullosa se retratou ao remate esta troupe de artistas ;)
Ningún comentario:
Publicar un comentario