Alí nos deron unha cálida benvida no CPI Cabo da area que é, sen dúbida, o colexio co maior areeiro de todos cantos hai en Galicia. Contáronnos que as nenas e nenos de Infantil levan, entre o seu material escolar, caldeiros, pas e demais xoguetes de praia. Un luxo!!!
Arredor de corenta nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria compartiron a tarde con Xiana e mais comigo moi atentos a todo o que lles contamos arredor de "O agasallo de Anya" e facendo, coma sempre, multitude de preguntas. Foi moi divertido!
Antes de rematar o encontro, tivemos un tempo para asinar libros e máis de vinte post it de todas as cores! ;)
Foi estupendo compartir a tarde nun lugar tan bonito e con nenas e nenos tan especiais. GRAZAS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario