Anya e Xiana non podían estar máis felices!!
En pleno mes de xullo... foron de campamento! Si, así como o ledes! Participaron dunha xornada inesquecible coas nenas e nenos de Meira que asisten ao campamento que durante este mes organiza a Asociación Cultural M de Meira. Foi fantástico!!
Ademais da diversión propia de calquera evento deste tipo, divertímonos falando de literatura infantil, de "O agasallo de Anya" e do espectáculo de monicreques que, co mesmo título, representan por todo o país Teatro Marionetas Trécola.
Foi, sen dúbida, unha mañá inesquecible!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario