sábado

Grazas, A. Lamas!!!

Moitas e moitos de vós xa coñecedes a miña admiración hacia Anxo Lamas, gran artista e mellor persoa.



É un deses amigos ao que hai xa varios meses que quería regalarlle un exemplar de "O agasallo de Anya" pois parecíame que lle ía gustar, pero os nosos cancros (cando non era o seu, era o meu) impedírono ata hai uns días. Leveillo a semana pasada. Ao día seguinte chamoume para que fose recoller un agasallo que tiña para min... Non é impresionante?



E así de ben loce esta nova peza de Lamas na miña casa. Estou encantada e máis que agradecida!!!



4 comentarios:

Aivou dixo...

Se hai algún exemplo de que un recolle o que sembra es ti, con esa tribo de amigos ao teu redor:
Impresionante, si, coma ti mereces :o*

Tartaruga dixo...

Aivou sempre o di coas plabras axeitadas. :)

Sabela dixo...

Grazas. Encántame pertencer á mesma tribo ca ti. :*

Sabela dixo...

Grazas Tartaruga. Un biquiño!!