Nin que dicir ten que cada vez que alguén me comenta que no seu colexio ou instituto, no dos fillos, no dunha veciña, dun coñecido... cada vez que me entero de que nalgures aconsellan a lectura de "O agasallo de Anya" levo unha gran alegría.
Cando souben que o recomendaban desde a biblioteca do CPI de Friol, alegreime dobremente pois entendo que o catálogo de lecturas propostas é de auténtico luxo. Non vos parece?
Se premedes sobre a ilustración, podedes visitar o blog da súa Biblioteca.
Se premedes sobre a ilustración, podedes visitar o blog da súa Biblioteca.
O artista é Modesto Fernández Gómez, profesor de Plástica no colexio de Friol e coordinador da Biblioteca. Grazas!!!
2 comentarios:
Grazas a ti por este proxecto tan humano , vaia aventura! Marabilloso!
Alégrame moito que che guste e agradezo un montón as túas palabras. Grazas!!!
Publicar un comentario