Velaquí outra desas novas que me enchen de alegría e agradecemento. Non é para menos!
Hai uns días un veciño comentoume que oíra falar na radio sobre "O agasallo de Anya" en cómic...
Pois si, un proxecto tremendamente ilusionante para min e do que estou máis que agradecida a ÁNXELA LÓPEZ, alumna da Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración "O Garaxe Hermético" de Pontevedra, que elixiu esta novela infantil para desenvolver o seu Proxecto de último ano e así rematar os estudos de Banda Deseñada.
Agradecemento extensivo tamén, como non, a Ana e Kiko da Silva que contactaron comigo e animaron a Anxe a facer dese proxecto unha realidade.
Así o anunciaba no Diario de Pontevedra o pasado mes de febreiro, nunha reseña biográfica que acompañaba as súas viñetas de "Esperando a Gatot" :)

Hoxe, e por suposto co permiso dela, quero amosarvos algunhas das fantásticas ilustracións que fixo pois penso que ben merecen ser vistas e aplaudidas por todas e todos vós. A min encántanme.
E como son desas imaxes que valen máis ca mil palabras... tócame calar ;)
Mil grazas e outros tantos parabéns, Anxe!!!
2 comentarios:
Encántame, que bo traballo, parabéns!
Alégrome por ti, Sabela, por esa alegría que levaches...
Bicos!
Grazas, Irene. A verdade é que Anxe fixo un traballo estupendo e eu estou moi agradecida :)
Publicar un comentario