luns

Non hai mellor recompensa!!!

Non é moi frecuente, pero nalgunhas ocasións pregúntanme sobre o que "gaño" coas vendas de "O agasallo de Anya"... En calquera caso, a xente sorpréndese cando lle falo dos céntimos que me corresponden por exemplar vendido, cando saben que o que percibo por cada libro non chega a 1 euro e que de aí Facenda aínda se queda cunha parte. 

Pero a verdade é que hai outra "ganancia" que vale moito máis que todos os euros que eu me poida imaxinar... E é a ese beneficio, a esa satisfacción, a esa felicidade á que me vou referir hoxe escribindo esta entrada no blog.

Foi unha tarde fantástica!!!

As nenas e nenos de 2º de Primaria do CEIP Rabadeira de Oleiros (A Coruña) coñeceron "O agasallo de Anya" de man da súa profe Belén que llelo leu, contou e explicou na clase. Pois ben, elas e eles que empezan pouco menos que a ler e escribir, mandáronme hoxe a través de María José da librería Amorín de Castro Ribeiras de Lea un sobre cheo de cartas, debuxos, emoción, cariño, ilusión... 

Son cartas tremendamente sinceiras, cheas de borranchóns e faltas de ortografía como ten que ser nesa idade, cargadas de cores e de sentimentos... Son tesouros verdadeiramente valiosos que, sen dúbida, gardarei a carón das palabras máis bonitas que teño na estantería pero tamén as agocharei no meu corazón. Abofé que si!



Grazas, moitas grazas a todas e cada un dos nenos e nenas de 2ºA do cole Rabadeira e, como non, á súa profe Belén que os quere e axuda a medrar facendo que sexan persoas marabillosas.
GRAZAS, de corazón.

Déixovos unhas fotos do emotivo encontro con María José na súa librería de Castro, onde me fixo entrega de tan valioso tesouro. Isto si que é un agasallo!!!!  







 Grazas por tanto!!!

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Oleeeeee!
Si e que camdo alguien fai todo con cariño notase, e ese e o caso de Belén que lles axuda a medrar como personas e a vivir como nenos.
Que chulada poder ver así de recompensado o teu libro. Noraboa porque con esa vivencia chegas a moitos rapaces! Noraboa e ogallá sigas escribindo e recolleitando éxito

Os nenos e nenas de 2ºA dixo...

Moitas grazas por contestarnos ás nosas cartas. Vimos o vídeo que nos enviache e gustounos moito.
Moitos bicos dos nenos e nenas de 2ºA!

Sabela dixo...

Uauuuuuuuuuu!!! Moitas grazas a vós e á profe!!! Gardo as vosas cartas e debuxos con moito cariño. Moitos biquiños!

ainara alumna de ana belen legaspi dixo...

ola sabela son ainara anido e moitas grazas por contestarnos ao cole c.e.i.p. a rabadeira e os meus amigos/as estan moi contentos do O AGASALLO DE ANIA e elizabeth as duas estamos moi interesadas do agasallo de ania e e moi bonito os nenos e nenas de 2º llesgustaron moito o agasallo de ania e ana belen legaspi castro tamen.


un saudo

Sabela dixo...

Moitas grazas por escribirme tamén por aquí Ainara, faime moita ilusión saber que vos gustou "O agasallo de Anya". Estou convencida de que sodes unhas nenas e nenos estupendos, Belén debe estar encantada de ser a vosa profe este curso. Que sorte!!!
Un biquiño para ti, outro para Elizabeth e outro montón deles para que repartades cos vosos compañeiros e compañeiras de 2º
A ver se algún día temos ocasión de coñecernos en persoa, sería fantástico!!! Muac!